As subscricións renóvanse automaticamente se non as cancelas. Aínda que borres a aplicación ou a conta de Tinder, as túas subscricións non se cancelarán. Para facelo, completa os seguintes pasos.
iOS
O teu número de pedido comeza por MK? Isto significa que fixeches a compra na aplicación de Tinder para iOS e que Apple se encarga do cobro.
Para completar a cancelación co teu iPhone:
- Abre a configuración do iPhone
- Preme o teu nome, e logo preme Subscricións
- Escolle a subscrición que queiras cancelar
- Preme en Cancelar subscrición
Se necesitas máis axuda sobre o proceso de cancelación, podes consultar o Soporte de Apple.
Android
O teu número de pedido comeza por GPA?Isto significa que fixeches a compra na aplicación de Tinder para Android e que Google Play Store se encarga do cobro.
Para completar a cancelación co teu Android:
- Abre a aplicación de Google Play
- Na parte superior dereita, preme a icona do perfil
- Selecciona Pagamentos e subscricións, e logo Subscricións
- Escolle a subscrición que queiras cancelar
- Preme en Cancelar subscrición
Tes algún problema? Contacta coa Axuda de Google Play se necesitas máis axuda.
Se realizaches a compra coa opción de tarxeta de crédito en Android ou PayPal:
- Abre a aplicación de Tinder para Android
- Preme a icona do perfil
- Escolle a opción Administrar a conta de pagamento
- Atopa a subscrición que queiras cancelar
- Preme en Cancelar subscrición
Tinder Online (Tinder.com)
O teu número de pedido comeza por TNDR? Isto significa que fixeches a compra en Tinder.com ou na aplicación de Tinder para Android mediante a opción de pagamento con tarxeta de crédito.
Para cancelar a subscrición:
- Vai a Tinder.com e inicia sesión coa túa conta
- Preme a icona do perfil
- Selecciona Administrar a conta de pagamento
- Atopa a subscrición que queiras cancelar
- Preme en Cancelar subscrición
Tes algún problema técnico? Contacta connosco e envíanos a información do erro para que poidamos axudarche.
Información xeral sobre a cancelación
Cando canceles unha subscrición, poderás seguir gozando dela durante os días restantes que pagaches. A cancelación non implica reembolsos e as tarifas xa pagadas non se adaptarán á data de cancelación. Se tes máis de unha subscrición, cada unha terá a súa propia data de renovación e deberás cancelalas por separado.