Notas privadas é unha función prémium que che axuda a destacar entre a multitude. Axúdache a romper o xeo ao enviarlle unha mensaxe breve (140 caracteres ou menos) a alguén que che chama a atención antes de coincidir.
Enviar unha Nota privada
- Busca posibles coincidencias en Exploración
- Atopaches a alguén que che gusta? Preme a icona do avión de papel
- Escribe a mensaxe
- Fai clic en enviar
Se tamén lle chistas á persoa que recibiu a túa Nota privada, coincidiredes e poderedes seguir conversando.
As Notas privadas semanais inclúense nas subscricións de Tinder Platinum™. Non tes unha subscrición? Non hai problema, tamén podes mercar Notas privadas por lotes.
Ollo!
Enviar unha Nota privada non garante que a outra persoa a lea. Factores como a configuración da Exploración ou o estado de verificación da idade poderían influír na entrega da mensaxe.
AVISO: As Notas privadas non poden enviarse a posibles coincidencias que non teñan a verificación da idade.