Desapareceron 1 ou máis coincidencias
Desapareceron todas as miñas coincidencias
As coincidencias non rematan de cargar
As fotos das miñas coincidencias non cargan
Desapareceron 1 ou máis coincidencias
Se só 1 ou unhas poucas das túas coincidencias desapareceron, o máis probable é que eliminaran a coincidencia ou que eliminaran a súa conta de Tinder. Se borraron a súa conta e deciden volver a Tinder, poderás ver de novo o seu perfil na Exploración.
Desapareceron todas as miñas coincidencias
Pode ser algo temporal, polo que podes intentalo de novo máis tarde. Se segues sen ver ningunha coincidencia, o mellor que podes facer é volver iniciar sesión:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Vai a Configuración
- Desprázate e preme en Pechar sesión
Non teño novas coincidencias
Non importa quen sexas nin o teu aspecto: crear unha conexión leva tempo e esforzo. Non sempre é inmediato, non sempre é constante e non sempre depende de ti. Quizais só necesites un par de conselliños para destacar:
- Actualiza a túa biografía ou as fotos para renovar o teu perfil
- Activa a función de Smart Photos para ter sempre as mellores fotos
- Conecta a túa conta de Instagram ou Spotify co teu perfil para que as posibles coincidencias poidan ver e escoitar algo de ti
As boas novas? Xa verás como pronto fas unha conexión con alguén novo.
As coincidencias non rematan de cargar
Se as túas coincidencias non rematan de cargar, velaquí tes algúns remedios para tentar solucionalo:
- Asegúrate de ter unha conexión a Internet estable, ou tenta cambiar entre o wifi e os datos móbiles para comprobar se hai algún problema.
- Elimina a aplicación e vólvea instalar. Así, non só terás a última versión, senón que tamén mellorará a túa experiencia na aplicación!
- Se estás a empregar a aplicación de Tinder para iOS ou Android, proba con Tinder.com.
As fotos das miñas coincidencias non cargan
Se 1 ou máis das fotos das túas coincidencias non cargan, intenta volver iniciar sesión.
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Vai a Configuración
- Desprázate e preme en Pechar sesión
Todos os anteriores pasos deberían ser de axuda, mais se non funcionan, é probable que teñamos algún problema técnico e pedimos a túa comprensión e paciencia mentres traballamos para solucionalo.