Comprendemos que os plans poden cambiar, polo que, malia que a maioría das compras dentro da aplicación non son reembolsables, existen certas excepcións. Se necesitas asistencia cunha compra feita nos últimos 14 días, podémosche axudar. A continuación, atoparás toda a información que poidas necesitar en función do lugar onde realizaches a compra.
Solicitudes de reembolso de «TNDR» ou «COSU»
Se realizaches a compra ou subscrición coa túa tarxeta de crédito ou débito, PayPal ou Google CC, podemos axudarche coa túa solicitude de reembolso. Para acelerar o proceso, ten en conta o seguinte:
- Ponte en contacto connosco dende o mesmo enderezo electrónico que utilizaches para facer a compra.
- Inclúe o número de pedido na solicitude (comeza por «TNDR» ou «COSU», dependendo de se se trata dunha subscrición ou dun produto consumible).
Solicitudes de reembolso de Apple ou Google
Se fixeches a compra directamente dende Apple ou Google, debes contactar con eles directamente para recibir axuda co reembolso ou a cancelación. As plataformas revisan cadanseu reembolso segundo o seu criterio e estes están suxeitos á súa política de reembolsos.
Aquí tes os pasos para solicitar un reembolso na plataforma onde fixeches a compra:
App Store de Apple
Se realizaches a compra directamente a través de Apple, será Apple quen xestionará os reembolsos e cancelacións das subscricións e produtos consumibles de Tinder (como Boosts e Gústasme moito).
Para solicitar un reembolso, visita Soporte de Apple.
Play Store de Google
Se realizaches a compra directamente a través de Google, será Google quen xestionará os reembolsos e cancelacións das subscricións e produtos consumibles de Tinder (como Boosts e Gústasme moito).
Para solicitar un reembolso, visita a páxina de axuda de Google para obter indicacións detalladas segundo o teu país.