Cando a aplicación non recoñeza as túas compras, podes restauralas para seguir tendo acceso ás subscricións e funcións prémium.
Ao restaurar a túa compra, non se iniciará unha nova transacción; só se reactivarán as compras anteriores.
Que compras podo restaurar?
As subscrición e as compras de produtos non consumibles dentro da aplicación poden restaurarse en calquera momento.
As compras de produtos consumibles dentro da aplicación non poden restaurarse. Estes teñen só un uso, como os Gústasme moito e os Boosts.
Como restauro a miña compra?
Se a túa compra está asociada co teu Apple ID ou conta da Google Play Store:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Preme a icona de configuración
- Desprázate e selecciona Restaurar compras
Se a compra se realizou en Tinder.com, PayPal ou cunha tarxeta de crédito mediante Android:
- Abre Tinder.com no teu navegador
- Preme a icona do perfil
- Desprázate ata Xestionar conta
- Escribe o código de restauración que recibiches no correo de confirmación da compra (comeza con «RT»).