Cal é a idade mínima requirida?
Plataformas e dispositivos compatibles
Que é Tinder?
Dámosche a benvida a Tinder! Tinder presentouse por primeira vez nun campus universitario en 2012 e agora é a aplicación máis popular do mundo para coñecer xente. É un espazo onde as posibilidades son infinitas, e tes a posibilidade de crear vínculos que poden chegar a algo máis.
Tinder é moi sinxelo e divertido: arrastra á dereita e envíalle un Gústasme a alguén que che encha o ollo. Se á outra persoa tamén lle gustas ti, teredes unha coincidencia! Prepárate para entrar nun mundo de oportunidades ilimitadas.
Cal é a idade mínima requirida?
A idade mínima para acceder a Tinder é de 18 anos. Se che bloqueamos o acceso a Tinder por causa da túa idade, terás que esperar ata ter 18 anos para rexistrarte.
Podo empregar Tinder en calquera país?
Tinder é unha plataforma de citas en liña mundial e está dispoñible en máis de 190 países e en máis de 40 idiomas. Queres coñecer a alguén especial, facer novas amizades, ampliar o teu círculo social ou coñecer xente nos países que visitas? Se é o caso, estás no lugar indicado.
Tinder é gratis?
Tinder está dispoñible de balde na App Store e Google Play Store, ou en Tinder.com para usar a versión web de Tinder. Coa versión gratuíta podes coincidir, conversar e conectar con outras persoas.
Podes pasar a Plus, Platinum ou Gold para gozar dunha experiencia prémium! Obtén máis información sobre estas subscricións e atopa a opción que mellor se axuste ás túas necesidades.
Plataformas e dispositivos compatibles
Tinder xa está dispoñible para Android e iOS. Ademais das aplicacións, podes acceder a Tinder.com para usar Tinder na web.
Tamén ofrecemos unha versión lixeira de Tinder que podes levar a calquera lugar: descarga Tinder Lite na Google Play Store.
Tinder é compatible con iOS 16.0 ou versións posteriores, Android 9.0 ou versións posteriores e coas últimas versións dos principais navegadores (Chrome, Firefox, Safari, Edge etc.).