Queres evitar atoparte con alguén en Tinder? Coa ferramenta «Bloquear contactos» podes facelo. Comparte a listaxe de contactos do teu dispositivo con Tinder, selecciona o contacto que desexas bloquear e nós encargámonos de evitar que te atopes con esa persoa.
Este artigo tamén inclúe información sobre:
Como desbloquear e desconectar contactos
Como procesa Tinder a túa listaxe de contactos
Notas importantes sobre esta ferramenta:
- Os contactos bloqueados non recibirán unha notificación cando os bloquees
- Bloquear a alguén non implica que teñan unha conta de Tinder
- Bloquear contactos non afecta ás túas coincidencias ou mensaxes actuais
- Se a información do contacto que empregas para bloquear a alguén non coincide coa información que usaron para rexistrarse, non podemos evitar que vos atopedes
- Podes deixar de compartir os contactos coa ferramenta «Bloquear contactos» na configuración de Tinder
- Se non queres permitir o acceso aos teus contactos, tes a posibilidade de introducilos á man
Como bloquear un contacto
Como podo compartir os meus contactos con Tinder para bloquear a alguén?
É moi doado! Comparte a listaxe de contactos do teu dispositivo con Tinder e selecciona aquelas persoas que queiras bloquear:
- Abre Tinder e preme a icona do perfil
- Vai a «Configuración»
- Desprázate e preme en «Bloquear contactos»
- Permite que Tinder acceda aos teus contactos
- Na sección «Contactos», selecciona as persoas que non queres ver da túa listaxe de contactos
- Preme en «Bloquear contactos»
Cada vez que empregues esta ferramenta, usaremos a listaxe de contactes que compartiches por primeira vez para que escollas a quen bloquear. Cando saias desta ferramenta, só gardaremos a información dos contactos que bloqueaches (nome, enderezo electrónico e/ou número de teléfono).
Podo engadir manualmente un contacto?
Podes. Se prefires non compartir todos os teus contactos con Tinder, ou se queres bloquear a unha persoa que non tes gardada na listaxe, podes engadir os datos á man. Así é como podes facelo:
- Sigue o primeiro, segundo e terceiro paso explicados anteriormente
- Despois preme na icona «+» na parte superior da pantalla
- Escribe a información de contacto da persoa e preme en «Rematar»
Como desbloquear e desconectar contactos
Como podo desbloquear a alguén?
Para desbloquear un contacto na ferramenta «Bloquear contactos», debes completar os seguintes pasos:
- Abre Tinder e preme a icona do perfil
- Vai a «Configuración»
- Desprázate e preme en «Bloquear contactos»
- Vai á sección «Bloqueados»
- Preme en «Desbloquear» ao carón de cada contacto bloqueado que desexes desbloquear, ou preme na icona do menú na parte superior dereita e selecciona «Desbloquear todos»
Como podo deixar de compartir a miña listaxe de contactos con Tinder?
Se queres deixar de compartir os contacto do teu dispositivo con esta ferramenta, fai o seguinte:
- Sigue o primeiro, segundo e terceiro paso explicados anteriormente
- Preme a icona do menú na parte superior dereita
- Escolle «Desconectar listaxe de contactos»
Desconectar a listaxe de contactos non cambiará a lista de contactos bloqueados. Para manter a túa privacidade, non desbloquearemos eses contactos ata que ti elixas facelo.
Como procesa Tinder a miña listaxe de contactos?
Se decides activar esta ferramenta, usaremos a túa listaxe de contactos para que poidas escoller de forma rápida e sinxela os contactos que non queiras ver en Tinder. Cada vez que entres en «Bloquear contactos», accederemos á lista de contactos do teu dispositivo para que poidas escoller a quen bloquear. Cando saias desta ferramenta, só gardaremos a información dos contactos que bloqueaches (nome, enderezo electrónico e/ou número de teléfono). Empregaremos esta información para que non te atopes cos teus contactos bloqueados e para que eles non poidan atoparte (no caso de que creasen unha conta coa mesma información de contacto que cargaches).
Entendemos que a túa privacidade e información persoal son fundamentais para ti, polo que queremos que saibas que é igual de importante para nós. Consulta a nosa Política de privacidade para obter máis información sobre as nosas prácticas en relación coa privacidade.