Notas privadas é unha función prémium que che axuda a destacar entre a multitude. Axúdache a romper o xeo ao enviarlle unha mensaxe breve (140 caracteres ou menos) a alguén que che chama a atención antes de coincidir.
Enviar unha Nota privada
- Busca posibles coincidencias en Exploración
- Viches a alguén que che interesa? Preme a icona de avión de papel
- Escribe a mensaxe
- Fai clic en enviar
Se tamén lle chistas á persoa que recibiu a túa Nota privada, coincidiredes e poderedes seguir conversando.
As Notas privadas semanais inclúense nas subscricións de Tinder Platinum™. Non tes unha subscrición? Non hai problema, tamén podes mercar Notas privadas por lotes.
Ollo!
Enviar unha Nota privada non garante que a outra persoa a lea. Factores como a configuración da Exploración ou o estado de verificación da idade poderían influír na entrega da mensaxe.
Tinder pode probar e mellorar funcións de vez en cando, como as que permiten que a xente exprese o seu interese ou que envíen mensaxes cun Gústasme. Durante algunhas probas, estas funcións poden funcionar de forma diferente ou aparecer en diferentes puntos do proceso de coincidencia. O funcionamento pode variar co tempo ou en función do usuario e da localización, e non todos os usuarios experimentarán o mesmo.
AVISO: As Notas privadas non poden enviarse a posibles coincidencias que non teñan a idade verificada.