O teu nome e idade son os únicos elementos do teu perfil que non podes cambiar unha vez creas a conta…
Dito isto, todos temos algunha que outra errata!
Se necesitas cambiar o teu nome ou idade, podes eliminar a túa conta e comenzar de novo. Non esquezas que eliminar a túa conta implica perder as coincidencias, mensaxes, compras (Gústasme moito, Boosts etc.) e toda a información asociada.
Para eliminar a conta, só tes que completar os seguintes pasos:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Vai a «Configuración»
- Desprázate e preme en «Eliminar conta»
Se tes algunha subscrición de Tinder, poderás recuperala e empregala na túa nova conta. Despois de crear un novo perfil, segue estas instrucións para recuperar a túa compra.