Actualiza as túas preferencias da Exploración
A Exploración é a parte de Tinder onde ves os perfís doutras persoas. Podes axustar as túas preferencias de busca e controlar a quen ves ao editar a configuración de Exploración.
Para editar a configuración de Exploración:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Vai a Configuración
- Desprázate ata Exploración
Aquí podes modificar as túas preferencias da Exploración, como a orientación sexual, a idade e a distancia, para controlar os perfís que ves en Tinder.
Incompatibilidades
É posible que che mostremos posibles coincidencias que non cumpren as túas preferencias de distancia e idade, especialmente cando se esgoten as opcións dentro dos teus parámetros. Estas preferencias son indispensables para ti? Debaixo de cada barra regulable na configuración de Exploración hai un botón que che permiten escoller se che mostramos ou non persoas fóra dos teus parámetros.
Desactivar a Exploración
Cando desactivas a Exploración, o teu perfil non aparecerá para usuarios novos de Tinder*, mais seguirás podendo ver e conversar coas túas coincidencias.
Para ocultar o teu perfil:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Vai a Configuración
- Desprázate ata Exploración
- Busca Amosarme en Tinder
- Activa ou desactiva no botón
Aviso: Os perfís que che gustaron antes de desactivar a Exploración seguirán vendo o teu perfil e poderán darlle a «Gústasme». Isto significa que podes obter novas coincidencias coa Exploración desactivada.