A Busca é unha función en fase de probas que axuda a descubrir dun xeito diferente persoas que encaixen co que estás a buscar! Está dispoñible para usuarios de iOS en determinados mercados.
Como acceder a Busca
Se podes usar esta función, a atoparás seguindo estas instrucións:
- Abre Tinder.
- Toca a lapela de Exploración.
- Preme a icona da lupa na esquina superior esquerda da túa pantalla.
- Busca todo o que queiras!
Como usar Busca
Permíteche buscar termos específicos para axudarche a atopar o teu tipo. Queres comezar a conectar? Busca o que che gusta! Podes usala para atopar persoas con intereses comúns ou similares, como amantes da música, persoas con mascotas ou viaxeiros, entre moitos outros. Xa sexan deportes, afeccións, artistas ou bandas musicais, e (case) todo o que poidas imaxinar, Busca pode axudarche a atopar o tipo de persoa que buscas!
Esta función non está deseñada para atopar unha persoa concreta. Non mostramos resultados para buscas que inclúan o nome, a idade ou as contas sociais dunha persoa, nin para aquelas que tenten atopar persoas a partir de características como a raza, a nacionalidade ou a relixión*. Non se admiten buscas que inclúan termos explícitos ou fagan referencia a actividades ilegais.
*Aviso: Ofrecemos outras funcións e opcións de configuración de Exploración, como filtros e preferencias, para axudarche a atopar usuarios dunha determinada idade, relixión, entre outros criterios.
Como funciona a Busca
A Busca usa a información que compartes no teu perfil, como as túas fotos, os detalles da túa bío e outros elementos do teu perfil, oara ofrecer coincidencias o máis axustadas posible ao que se está a buscar. Céntrase principalmente nos intereses, estilo de vida e vibras dun usuario, non nas súas características físicas.
Co fin de manter unha comunidade segura e inclusiva, Busca segue uns principios fundamentais:
Busca está optimizada para atopar coincidencias a partir dos intereses e do estilo de vida. Podes buscar palabras clave sobre o que che gusta facer, pero o buscador non devolve coincidencias baseadas en características persoais sensibles como raza, relixión, tipo de corpo ou afiliación política. Cremos que as mellores conexións xorden cando te centras na persoa, non nunha lista de características físicas.
Para manter un ambiente respectuoso, Busca non devolve resultados baseados en atributos sensibles nin en contidos non permitidos en Tinder. Isto inclúe:
- Contido ilegal: palabras clave relacionadas coa explotación sexual comercial, o tráfico de drogas ou a trata de persoas.
- Contido daniño: palabras relacionadas con discurso de odio, violencia ou material sexual explícito.
- Termos de seguridade: buscas relacionadas con autolesións ou coa explotación de menores.
- Características fixas: raza, relixión, tipo de corpo, afiliación política, altura, cor dos ollos e cor do cabelo.
Se un termo de busca non é compatible, verás un aviso de que a busca non está permitida.
Co fin de protexer a privacidade e evitar o acoso fóra da plataforma, non se pode usar esta función para localizar persoas polo seu nome ou perfís en redes sociais.
Privacidade e seguridade
Como en todos os aspectos da experiencia en Tinder, a privacidade e a seguridade dos nosos usuarios son prioritarias. Busca non está deseñada para admitir buscas que infrinxan as nosas Regras da comunidade. Aínda que o teu perfil poida aparecer nos resultados de busca doutra persoa, outras persoas non poden usar Busca para atoparte polo teu nome ou contas en redes sociais. Ademais, os usuarios que bloqueaches non te verán nos seus resultados de busca, e ti tampouco os verás.