Ten en conta que: os usuarios dalgunhas rexións poden ver unha variante desta función (Atopar o teu mellor trazo). Se ves esta función e buscas máis información, le este artigo.
Que é o Selector de fotos?
O Selector de fotos é unha ferramenta para o dispositivo que axuda a identificar que fotos do carrete poderías usar como fotos de perfil. Emprega intelixencia artificial (IA) para atopar fotos para o teu perfil de forma rápida. Só hai que tirar un selfie ou empregar unha foto túa para que o Selector de fotos se encargue do resto. Esta ferramenta estará dispoñible no proceso de rexistro, ou en calquera momento ao engadir unha foto de perfil.
Como funciona o Selector de fotos?
Primeiro, debes xerar os datos biométricos que se usarán para atopar fotos túas no dispositivo. Podes facelo de dúas formas: podes usar unha foto de perfil na que saia o teu rostro ou podes facer un selfie.
Despois, a función selecciona as fotos do teu carrete que poden servir como fotos de perfil. Esta selección baséase na información que temos sobre o que fai que unha foto de perfil sexa boa, como a iluminación, a composición e outros aspectos. A función tamén descarta as fotos de grupo ou as fotos que parezan infrinxir as nosas Condicións de uso e as Regras da comunidade.
Por último, elixes cales das fotos propostas queres subir ao teu perfil. Lembra que, aínda que esta ferramenta está pensada para axudarche, a responsabilidade do que decidas subir é túa. Por iso, debes asegurarte de que as fotos que decidas subir cumpran as nosas Condicións de uso e as Regras da comunidade, así como as leis locais que poidan ser aplicables ao teu uso da ferramenta Selector de fotos.
Lembra tamén que debes proporcionar acceso total ou parcial á túa galería de fotos, así como acceso á cámara, para que este primeiro paso funcione. Sempre podes cambiar o nivel de acceso na configuración ou retiralo por completo cando remates.
Como emprega o Selector de fotos os meus datos?
Esta é a parte máis interesante. O Selector de fotos só opera no teu dispositivo, polo que ti tes o control en todo momento. Consulta a seguinte información sobre como empregamos os datos en cada etapa do proceso:
- Suxestión dunha foto de perfil: o Selector de fotos non emprega os datos biométricos para suxerir unha foto de perfil para que a empregues. No seu lugar, Tinder utiliza unha ferramenta que respecta a privacidade para identificar cal das túas fotos de perfil presenta o contorno dunha cara, sen xerar ningunha información biométrica nin recoller detalles sobre as características faciais. Este proceso realízase por completo no dispositivo e Tinder non recibe ningunha información sobre en que fotos de perfil se detectou un rostro.
- Xeración e uso dos datos biométricos: xéranse os datos biométricos coa túa foto de perfil ou vídeo selfie, que se comparará despois coas fotos do carrete. Tinder non recompila nin conserva ningún dato biométrico xerado a partir dun vídeo selfie, dunha foto de perfil ou das fotos do carrete, nin accede a eles. O proceso realízase integramente no dispositivo e todos os datos biométricos empregados nesta función desaparecen do dispositivo ao pechar a función.
- Escaneo das fotos: Tinder non recompila nin accede a ningunha foto do carrete, e o proceso de escaneo e suxestión de certas fotos realízase integramente no dispositivo. Tinder só recompila as fotos que escolles cargar no perfil.
Por que non aparecen fotos miñas cos meus amigos nas suxestións?
O Selector de fotos está deseñado para excluír as fotos de grupo. Pedímosche que só empregues esta ferramenta para atopar fotos túas.
Que pasa se non me gustan as fotos seleccionadas?
Se o Selector de fotos escolle fotos que non che gustan ou que consideras que non son as mellores, comparte a túa opinión con nós no noso formulario de contacto. Os teus comentarios son cruciais para axudarnos a mellorar esta ferramenta.
Onde está dispoñible o Selector de fotos?
O Selector de fotos está dispoñible en Android e iOS para os usuarios de todo o mundo.