Móstrate tal e como es
En Tinder, queremos crear e manter un espazo seguro e inclusivo para todo o mundo. Buscamos constantemente novas formas de garantir que a túa experiencia na nosa plataforma sexa positiva e enriquecedora. A nosa prioridade é apoiar a túa verdadeira expresión persoal.
Sexa cal sexa o lugar no que te atopes no espectro de xénero e sexualidade, tes cabida aquí. Estamos a ampliar as opcións de identidades de xénero e orientación sexual para que poidas describirte de maneira precisa e con total confianza.
Aviso: Estamos a realizar probas cunha selección ampliada de opcións de xénero e orientación sexual en certos países, polo que a experiencia pode variar segundo a túa localización.
Por que isto é fundamental
Sabemos que as identidades dos nosos usuarios son complexas e diversas, e é clave que a nosa plataforma axude a reflectir esta diversidade. Compartir o teu xénero e orientación sexual, axúdanos a garantir a túa seguridade, benestar e representación inclusiva. Tamén nos axuda a coñecer mellor as túas preferencias para recomendarche posibles coincidencias que se axusten a elas.
O xénero e a orientación sexual só aparecerán no teu perfil se decides compartilos. Faremos todo o posible para eliminar esta información automaticamente no caso dos usuarios LGBTQIA+ en países onde as súas identidades e expresións estean criminalizadas ou estigmatizadas.
Como actualizar o teu xénero e orientación sexual
Podes cambiar o teu xénero e orientación sexual en calquera momento facendo o seguinte:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Preme a icona do lapis ou «Editar perfil»
- Desprázate ata «Xénero» ou «Orientación sexual»
Actualizacións do xénero: escolle entre «Home», «Muller» ou «Máis aló do modelo binario». É posible que estean dispoñibles opcións adicionais para que poidas describir mellor como te identificas. Podes seleccionar todas as opcións de xénero que se adapten á túa identidade, mais é necesario que escollas, polo menos, unha da categoría principal.
Actualizacións da orientación sexual: Poderás escoller como queres describir a túa orientación sexual ou non dicilo en absoluto. A decisión é túa! Esta sección non é necesaria.
Amosar o teu xénero ou orientación sexual
Cando editas o teu perfil, podes elixir mostrar ou non o teu xénero e orientación sexual. Podes escoller amosar esta información debaixo do teu nome, ocultala por completo ou só mostrar aqueles detalles que prefiras. Se queres ver como se amosan as túas eleccións, tes a vista previa do teu perfil na pantalla de «Editar perfil». As preferencias sobre o xénero e orientación sexual omitiranse nos países onde poden estar criminalizadas para garantir a túa seguridade.
Preguntas frecuentes
Por que empregades «Máis aló do modelo binario» en lugar de «Non binario»?
Empregamos «Máis aló do modelo binario» para incluír aquelas persoas que non se sintan representadas coas categorías tradicionais de «Home» ou «Muller», como aquelas que se identifican como xénero fluído, xénero non conforme, intersexuais, entre outros. Esta terminoloxía respecta as experiencias únicas de cada persoa que emprega Tinder.
E se non atopo o meu xénero ou orientación sexual en Tinder?
A nosa lista de identidades segue medrando, grazas ao traballo de expertos en inclusión e ás suxestións de usuarios coma ti. Se o teu xénero ou orientación sexual non aparece na lista, usa a opción «Non aparece» para informarnos. Os teus comentarios son moi importantes para seguir avanzando na nosa misión de ser inclusivos.
Aviso: Dependendo da túa localización, pode que a opción para informar sobre unha opción non listada non estea dispoñible.
Usarase o meu xénero para que outros usuarios me atopen en Tinder?
Si. A forma coa que identificas o teu xénero en Tinder inflúe en como apareces nas buscas de outros usuarios. Podes elixir a quen podes ver en Tinder ao cambiar a configuración de Exploración. Con isto podes controlar con quen conectas en Tinder.