Cando eliminas a túa conta, o teu perfil de Tinder xa non aparecerá visible para outros usuarios e a túa información eliminarase, tal e como explicamos na nosa Política de privacidade. Se só queres tomarte un descanso, podes optar por ocultar o teu perfil.
Debes iniciar sesión en Tinder para eliminar a conta. Se non podes iniciar sesión, consulta este artigo.
Para eliminar a conta, só tes que seguir estes pasos:
Eliminar a conta dende a Configuración de Tinder:
- Inicia sesión na aplicación de Tinder ou en Tinder.com
- Preme a icona do perfil
- Vai a «Configuración»
- Desprázate ata o final e preme Eliminar conta
Eliminar conta coa ferramenta «Xestionar a miña conta»:
- Visita a ferramenta Xestionar a miña conta
- Inicia sesión coas túa credenciais de Tinder
- Preme en Eliminar conta
- Confirma que queres eliminala
Eliminar a túa conta de Tinder garante que os teus datos, así como as coincidencias, mensaxes e fotos, se eliminarán segundo a nosa Política de privacidade. Non obstante, se eliminaches a túa conta nos últimos 90 días, é posible que poidas restaurar o teu perfil e recuperar algúns datos, como o nome, a idade e o xénero, ao rexistrarte novamente coas túas antigas credenciais.
Aviso: Actualmente, a función de restauración no prazo de 90 días está en fase de probas en iOS, Android e tinder.com en mercados específicos, con plans de estendelo a outras rexións no futuro.
Ollo!
- Eliminar, desinstalar ou borrar a aplicación Tinder do teléfono non elimina a túa conta de Tinder. Debes completar os pasos anteriores.
- Eliminar a conta non cancelará as subscricións activas.
- Cando elimines a túa conta, xa non poderás descargar os teus datos.
- Os teus datos elimínanse despois dun prazo de 90 días. Este período serve de «intervalo de retención de seguridade». Así conservamos calquera información que poidamos necesitar para investigar condutas prexudiciais ou ilegais e para habilitar a función de restauración.
- Pasados os 90 días, eliminaremos os datos do teu perfil segundo o establecido na Sección 9 da nosa Política de privacidade.