A Análise fotográfica xera descricións curtas dos teus intereses, da túa personalidade ou do teu estilo de vida que se xeran a partir do teu carrete. Esta función está dispoñible para usuarios de iOS en determinados países.
Como acceder á Análise fotográfica
Podes atopar esta función seguindo estes pasos:
- Abre Tinder
- Preme a icona do perfil
- Preme na icona de Afinidade
Como usar a Análise fotográfica
Cando activas a Análise fotográfica, examinamos as fotos do teu carrete para detectar os temas principais que permiten que Tinder adapte a túa experiencia e mellore as conexións con outras persoas. Isto lógrase seguindo unha serie de pasos:
- Escáner: ao conceder o permiso, realízase un escáner do teu carrete no teu dispositivo para analizar a calidade e o contido das fotos.
- Creación: algunhas fotos cárganse momentaneamente no noso servidor para crear datos relevantes mediante intelixencia artificial. Estes datos elabóranse en función dos temas e elementos que aparecen nas túas fotos.
- Selección: notificarémosche cando a Análise fotográfica xere os dato relevantes pertinentes para que poidas revisalos e escoller cales queres mostrar.
- Suxestións de fotos personalizadas: empregamos os datos relevantes que conservas para axudarche a suxerir fotos que poderías engadir ao teu perfil, tanto como fotos individuais como en colaxes que amosen a túa personalidade. Estas suxestións créanse a partir do tipo de fotos que adoitan ter mellor resultado, e axústanse aos datos recollidos na Análise fotográfica sobre o teu estilo de vida, os teus intereses e a túa personalidade. Tamén tes a opción de tomar un selfie ou usar a foto de perfil para xerar datos biométricos e identificar no teu carrete as fotos nas que saes ti.
- Selección de suxestións de fotos: agora podes escoller as fotos que queres subir ao perfil. Non as engadiremos nunca sen o teu permiso.
Cando revises e aceptes os resultados da Análise fotográfica, poderán activarse funcións como a suxestión de fotos. Grazas aos datos relevantes das túas fotos, as suxestións recomendan aquelas imaxes do teu carrete que mellor reflicten quen es, facilitándoche actualizar o perfil con fotos que mostran a túa esencia e que fan que o teu perfil sexa máis atractivo na aplicación. Tamén empregaremos os datos para amosarlles quen es ás persoas que poderían conectar contigo, e para explicar por que determinadas recomendacións poden ser máis pertinentes para ti.
Como emprega os teus datos a Análise fotográfica?
Análise fotográfica
Se activas esta función, escaneamos o carrete do teu dispositivo para detectar aquelas fotos que poden xerar datos relevantes sobre ti, segundo a súa calidade, contido e similitude. As fotos detectadas envíanse de xeito temporal aos servidores de Tinder e compártense co noso provedor de intelixencia artificial só para crear os datos relevantes. As fotos eliminaranse, a non ser que decidas engadilas ao teu perfil, por exemplo, mediante a función de suxestións de fotos.
Os resultados da Análise fotográfica que gardes incorporaranse ao teu Centro de datos e servirán para que Tinder personalice a túa experiencia con suxestións de fotos e outras funcións, o que che axuda a conectar mellor con outros usuarios. Os datos que decidas non conservar borraranse en menos de 90 días e poderán analizarse para axudar a mellorar a función.
Colaxes e suxestión de fotos
Ao activar o escaneo do carrete, revisamos o teu dispositivo para identificar que tipo de fotos adoitas ter, como selfies, fotos de corpo completo, fotos en grupo ou temas como viaxes e mascotas. Para conseguilo empregamos tecnoloxía automatizada que examina os padróns visuais nas túas fotos. Tendo en conta estes padróns, a Análise fotográfica e as fotos que mellor resultados teñen en Tinder, suxerímosche varias opcións para actualizar o teu perfil. O propósito é axudarche a seleccionar fotos nítidas e variadas que mostren distintos aspectos de quen es. As fotos non se engadirán ao teu perfil sen o teu permiso, polo que sempre tes o control.
Como se emprega os datos biométricos nas suxestións de fotos?
Se queres recibir suxestións de fotos nas que aparezas, podes xerar datos biométricos que nos axuden a localizar esas imaxes no teu dispositivo. Para iso, só tes que tirar un selfie ou empregar unha foto de perfil na que só aparezas ti, se a tes. Procesaremos os datos da seguinte forma:
- Suxestión dunha foto de perfil: suxerirémosche unha foto de perfil que poidas empregar, sempre que teñas algunha. Tinder utiliza unha ferramenta que respecta a privacidade para identificar cal das túas fotos de perfil presenta o contorno dunha cara, sen xerar ningunha información biométrica nin recoller detalles sobre as características faciais. Este proceso realízase por completo no teu dispositivo.
- Xeración e uso dos datos biométricos: xéranse os datos biométricos coa túa foto de perfil ou selfie, que se comparará despois coas fotos do teu carrete. Tinder non recolle nin conserva ningún dato biométrico xerado a partir do teu selfie, da túa foto de perfil ou das fotos do teu carrete. O proceso realízase integramente no teu dispositivo, e todos os datos biométricos empregados nesta función desaparecen do dispositivo unha vez que pechas a función. Tamén se eliminará o teu selfie.
- Escáner das túas fotos: o proceso de suxestión de certas fotos realízase integramente no teu dispositivo. Tinder só almacena as fotos que escolles cargar no teu perfil.
Este paso é opcional, e non tes que sacar un selfie. Se prefires non usar unha foto de perfil ou tirar un selfie, realizaremos un escáner do teu carrete para realizar a Análise fotográfica e xerar os datos relevantes, pero é posible que non aparezas nas suxestións e colaxes.
Restricións da Análise fotográfica
A tecnoloxía empregada para crear a Análise fotográfica, os datos relevantes, as suxestións e os colaxes deseñouse para ser útil e impedir que se inclúan fotos ou datos que violen as nosas Condicións ou Regras da comunidade, aínda que non é completamente precisa. Ás veces, é posible que recomende fotos que non che convencen ou que non reflicta correctamente o teu estilo de vida. Lembra que, aínda que esta función busca simplificar o proceso, ti tes a responsabilidade das fotos que subas; asegúrate de que cumpren as nosas Condicións, as Regras da comunidade e as leis locais.
Non o esquezas:
- Elixibilidade: se non contas con suficientes fotos, a Análise fotográfica e as suxestións poden non estar dispoñibles. De cando en vez, comprobamos o teu carrete para ver se tes fotos suficientes para acceder á función.
- Continuación do escaneo: no caso de interrupción, o escaneo retomarase a próxima vez que abras a aplicación ata que se complete.
-
Reescaneo: se decides volver escanear o teu carrete, a Análise fotográfica e os datos relevantes actualizaranse.
Temas de especial sensibilidade
En determinados casos, a Análise fotográfica pode facer referencia a temas relacionados con cuestións culturais, relixiosas, políticas, de estilo de vida ou outros asuntos que poden resultar sensibles, baseándose en padróns identificados nas túas fotos. Os datos relevantes xéranse de forma automática e poden non coincidir sempre coa túa opinión ou identidade persoal. Sempre terás a oportunidade de revisar e escoller que datos conservar antes de que se utilicen, e podes eliminalos en calquera momento no Centro de datos.
Desactivar a función e supresión de datos
Ti decides sobre as túas fotos e a Análise fotográfica. Tamén podes non permitir o escáner do teu carrete.
- Centro de datos: ao activar a Análise fotográfica, poderás administrar e borrar os datos relevantes en calquera momento desde o Centro de datos.
- Colaxes e suxestións de fotos: só se engadirán ao teu perfil as fotos e colaxes que ti elixas. Podes eliminalas en calquera momento editando o teu perfil na configuración.
- Permisos do carrete: podes xestionar ou revogar o acceso ao teu carrete sempre que queiras, desde os axustes do dispositivo.
Consulta a nosa Política de privacidade para obter máis información sobre as nosas prácticas relativas á privacidade e Os teus dereitos. Tamén podes descubrir como solicitar unha copia dos teus datos.