O sistema de emparellamento con intelixencia artificial (IA) está deseñado para axudarche a atopar conexións personalizadas en función das túas preferencias e intereses únicos. Coa información do teu perfil de Tinder, coas respostas que deches e, se queres, coas fotos do teu carrete, a IA encárgase de atopar coincidencias perfectas para ti!
Aviso: Esta función estase a lanzar progresivamente en mercados seleccionados e pode que aínda non estea dispoñible na túa rexión.
Como usar o emparellamento con IA
Activa o emparellamento con IA e recibe recomendacións diarias personalizadas. Só tes que seguir estes pasos:
Para usar o emparellamento con IA e ver as túas recomendacións diarias, completa os seguintes pasos:
- Preme a icona do diamante na parte superior dereita da pantalla de Exploración
- Responde algunhas preguntas para axustar as túas recomendación (só terás que facelo unha vez)
- Concede o permiso para Acceder ás fotos (é opcional, pero dar acceso total ás túas fotos pode axudarnos a descubrir os teus intereses reais)
- Preme o botón para ver as túas recomendacións diarias
Podes ver as túas recomendacións diarias en calquera momento tocando a icona do diamante.
Como desactivar o emparellamento con IA
A función de emparellamento con IA está aí para ti, pero úsaa só se queres! Podes empregar Tinder con ou sen ela.
Se probaches a función e decides que necesitas un descanso, non hai problema. Para facelo, simplemente evita tocar a icona do diamante na esquina superior dereita da túa pantalla de Exploración. A icona sempre vai aparecer, pero usala é cousa túa.
Xestión da información do emparellamento con IA
Descubre e xestiona todo o que inflúe nas túas recomendacións diarias no Centro de datos. Aí podes ver ou eliminar os datos relevantes empregados para personalizar a túa experiencia.
Para acceder aos teus datos relevantes, segue estes pasos:
- Preme a icona do diamante na parte superior dereita da pantalla de Exploración
- Preme «Consultar os meus datos relevantes»
- Comproba todos os datos xerados das preguntas que respondiches
- Se queres eliminar algún dato, só tes que premer nel e seleccionar «Eliminar»
No caso de que autorizaras o etiquetado do carrete, isto tamén influirá nos teus datos. Podes saber máis sobre como xestionar as etiquetas do carrete aquí.
Como usamos os teus datos para o emparellamento con IA
A IA crea información sobre ti e sobre as túas preferencias, que podes consultar e xestionar cando queiras como se indica na sección de arriba. Esta análise xérase co que tes no teu perfil de Tinder, as respostas que deches e (se o permitiches) as etiquetas das túas fotos do carrete. Todos estes datos empréganse para xerar as recomendacións personalizadas.
Consulta a nosa Política de privacidade para obter máis información sobre como empregamos os datos. Tamén podes visitar o noso Centro de axuda para saber como solicitar unha copia dos teus datos.
Máis axuda
Se necesitas axuda para usar a función de emparellamento con IA, contacta connosco e cóntanos o teu problema para que poidamos axudarche.